A Inmaculada Concepción

No Antigo Testamento, a Arca da Nova Alianza era o obxecto máis sagrado e poderoso sobre a Terra. A Arca contiña a Palabra de Deus —os Dez Mandamentos— , e o pan milagreiro que caera do ceo, a Arca do Novo Testamento que é a Santísima Virxe María. El contiña o Verbo de Deus, Xesucristo. No Antigo Testamento dícese que a Arca estaba cuberta pola presenza e polo poder de Deus, no Novo Testamento, no Evanxelio de San Lucas, dícese que a Santísima Virxe tamén está cuberta pola presenza e polo poder de Deus. O Señor prescribiu, especificamente, que a madeira empregada para a construción do Arca do Antigo Testamento fora de acacia; a madeira de acacia é tan duradeira que na versión grega do Antigo Testamento, tradúcese esta palabra coma incorruptible ou madeira que non se descompón, polo tanto a Santísima Virxe debe ser incorruptible; Ela non morre, Ela foi preservada de todo pecado actual e orixinal —isto é, a Inmaculada Concepción— e foi asunta ao Ceo; levada polos anxos, en corpo e alma, á Gloria Celestial. 

A Arca do Antigo Testamento tamén tiña poderes contra os inimigos de Deus, a Arca era tan sagrada, que cando os israelitas non lle daban o debido respeto, a Ira de Deus caía sobre eles. A Arca levaba e representaba a presenza espiritual de Deus sobre a Terra, de feito, cando Deus lle falou a Moisés, fíxoo dende os dous querubíns que estaban esculpidos sobre a Arca. Nos nosos tempos, Deus fálalle ao mundo dende a Arca do Novo Testamento; a Santísima Virxe María, Nosa Señora apareceuse moitísimas veces co fin de converter á humanidade e dicirlles aos homes o que Deus quere deles para que se salven. Ela é a «muller vestida do sol» descrita por San Xoán no Apocalipse, que humilla a Satán, pisando co seu calcañar a cabeza da serpe que fixo pecar aos nosos pais no Edén. Ela, a Gratia plena, creada por Deus para ser a Nai do Verbo encarnado, á que lle debemos culto de hiperdulía —superior ao dos santosV, do mesmo xeito que Cristo, non podía estar afectada polo pecado orixinal, por iso foi inmaculada a súa concepción. 

Deus quixo mostrar ao mundo a Súa predilección por España dende moi cedo, coa aparición da Virxe en Zaragoza a Santiago, patrón das Españas, dándolle forzas para continuar coa súa misión apostólica e expandir a Fe na península. A Santo Domingo, español, deulle a Virxe a arma espiritual máis poderosa en materia de devoción que temos os fieis: o Santo Rosario. Coa aparición en Guadalupe a Juan Diego e as súas milagres, deu a Nosa Señora un impulso imparable á misión evanxelizadora hispánica en América. E alí estivo intercedendo pola flota cristiá, coas oracións elevadas a Ela dende toda a Cristiandade, para lograr a vitoria das forzas de Deus, na batalla de Lepanto; fronte aos infieis mahometanos.

Nos tempos da España visigótica, xa eran os nosos monarcas defensores do dogma da Inmaculada Concepción, tradición que perdurou cos reis españois durante a Reconquista, e foi timbre de gloria dos Terzos de infantería española nas batallas pola Cristiandade, chegando a obrar un milagre na batalla de Empel, que posibilitou a vitoria católica sobre os herexes, e lle fixo dicir ao mesmo almirante holandés: «tal parece que Deus é español ao obrar tan grande milagre». Trala batalla, a Inmaculada foi proclamada patrona da infantería española. No século XIX, os deputados e procuradores carlistas, tiñan que xurar defender o misterio da Inmaculada Concepción da Virxe María.


Finalmente, o Papa Pío IX definiu infaliblemente a Inmaculada Concepción da Virxe, ensinanza que, polo tanto, non pode ser rexeitada por ningún católico —ó igual que outros pronunciamentos maxisteriais infalibles de Pío IX, coma as condenas do Syllabus ou os decretos do Concilio Vaticano—. Catro anos despois da definición dogmática, a Santísima Virxe se lle apareceu a Santa Bernadette en 1858, en Lourdes, coa seguinte mensaxe «Eu son a Inmaculada Concepción», o que era unha confirmación do Ceo do dogma definido polo Papa, para maior gloria da Igrexa e da Virxe María.